O concello de Vilar de Santos organiza esta serie de actividades coa intención de pór o foco no valor ambiental da aldea de Saa dentro da área da Reserva da Biosfera Área de Allariz. O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder), a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

A primeira das actividades consiste nun obradoiro para introducirnos no mundo das caixas niño. Aprenderemos como construilas, para que serven, o seu mantemento, etc. Despois dunha pequena introdución teórica fabricaremos varias caixas niño para páridos (ferreiriños), e as colocaremos pola contorna de Saa.
Inscricións abertas para persoas empadroadas en Vilar de Santos ata o luns 17 de febreiro ás 23:59 h. As persoas non empadroadas en Vilar de Santos poderán inscribirse a partir do martes 18 de febreiro.
- Obradoiro de caixas niño na aldea de Saa – 23 febreiro.
- Quedamos en: aldea de Saa (Vilar de Santos).
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 10.00 horas.
- Hora aprox. de finalización: 14.00 horas (aproximadamente).
- Actividade de balde.
- Apto para todos os públicos. Nenos recomendado a partir de 6 anos.
- A actividade inclúe o material para a realización dunha caixa niño para cada 3 persoas, seguros de RC e accidentes.
Inscricións
- Necesaria inscrición nesta web, con prioridade de persoas empadroadas en Vilar de Santos:
- As persoas empadroadas en Vilar de Santos poderán inscribirse ata o luns 17 de febreiro ás 23:59 h.
- Se quedan prazas, as persoas non empadroadas en Vilar de Santos poderán inscribirse dende o martes 18 ata o venres 21 de febreiro ás 23:59 h, ou ata esgotar inscricións.
- Prazas limitadas a 15 persoas.
Recomendacións
- Levar roupa e calzado adecuados para camiñar e roupa de abrigo.
- Levar auga e algo de comida para o descanso.

