Entre os meses de xullo e setembro de 2021 o concello de Vilar de Barrio promove Un camiño asolagado, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia que coordinamos dende Xeitura e Celtia Travel.
Con este programa, preténdese promocionar o Camiño de Santiago ao seu paso polo concello de Vilar de Barrio dun xeito diferente: neste mes de setembro, o faremos uniendo a práctica do sendeirismo coa gastronomÃa da zona.
Domingo, 12 de setembro: para un pouco no Camiño. ParaÃso micolóxico.
- Actividade de balde.
- É necesaria inscrición.
- Nº máximo: 20 persoas.
- As prazas están esgotadas! Moitas grazas polo voso interese na actividade.
Para un pouco no Camiño. ParaÃso micolóxico
Búsqueda, recolleita e identificación dos distintos cogomelos presentes no trazado da VÃa da Prata – Camiño do Sueste ao seu paso por Vilar de Barrio.
- Percorrido de non máis de 5 km.
- Punto de encontro: ás 10.00 horas, na Praza do Toural (ver en Google Maps).
- Hora aproximada de finalización: 13.30 horas.
Degustación final de cogomelos ao chegar a Vilar de Barrio.
Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxÃa e á realización da actividade.
- Visera ou gorra.
- Crema solar.
- Navalla.
Medidas COVID-19
- GuÃa e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.