Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta actividade, de xornada completa, realizaremos unha ruta de sendeirismo con visita á histórica igrexa de San Xoan de Camba, e xogaremos en familia á busca do tesouro no castelo e na vila de Castro Caldelas.
Esta actividade é apta para realizar en familia.
Prezo da actividade:
- 3€/pax.
- Inclúe: ruta guiada, visita igrexa Camba, realización de xogos de busca do castelo e da vila de Castro Caldelas (opcional), seguros RC e accidentes e IVE.
- Non inclúe: comida.
Se queredes participar nos xogos de busca da vila e o castelo, indÃcalo ao facer a inscrición.
Actividade de mañá: ruta de sendeirismo
- Quedamos en: Praza do Prado (xunto aos paneis de inicio das rutas de sendeirismo). Coordenadas: 42.374912, -7.415467.
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 10.00 horas.
- Hora aprox. de finalización: 14.00 horas.
Nesta actividade realizaremos pola mañá un roteiro guiado e interpretado que nos levará polo bucle curto da Ruta dos Bosques Máxicos de Castro Caldelas. No roteiro poderemos gozar de zonas de bosque, do rÃo Edo e do fermoso sendeiro da súa ribeira. Tamén coñeceremos os segredos que agocha a igrexa e antigo Mosteiro de San Xoan de Camba, que son moitos!

Datos técnicos da ruta de sendeirismo
- Distancia: 6 km.
- Desnivel positivo: 200 m.
- Dificultade: baixa-media. A ruta ten pouca distancia e pouco desnivel, e dependendo do tempo do que dispongamos despois da visita á igrexa de Camba (a metade de camiño) realizaremos unha versión máis curta ou máis longa da mesma.
- Participantes: apta para todos os públicos cun mÃnimo de forma, e nenos (a partir de 6 anos) un pouco acostumados a camiñar.

A comida será libre en Castro Caldelas, de 14:00 a 16:30. Despois terán lugar os xogos de busca no castelo e a vila de Castro Caldelas.
Actividade de tarde: xogos de busca en Castro Caldelas
Xa pola tarde realizaremos unha actividade no castelo e pola zona máis monumental de Castro Caldelas, onde teremos que, mediante pistas, descubrir os segredos dunha das fortalezas e da vila máis espectaculares de Galicia.
- Quedamos en: porta de entrada do castelo de Castro Caldelas.
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 17.00 horas.
- Hora aprox. de finalización: 19.00 horas.
Recomendacións
Aconséllase que, segundo as condicións climatolóxicas dese dÃa, os asistentes vaian provistos de:
- Levar roupa e calzados adecuados para camiñar
- Levar algo de comida e bebida para a ruta.
- Tamén recoméndase gorra e protección solar.
Medidas anti COVID-19
- GuÃa e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.
- Seguiranse as recomendacións e indicacións que se dean por parte da organización.