Camiño Santiago. Etapa Alberguería – Vilar de Barrio

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Camiño Santiago. Etapa Alberguería – Vilar de Barrio

09 septiembre 2021

Entre os meses de xullo e setembro de 2021 o concello de Vilar de Barrio promove Un camiño asolagado, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia que coordinamos dende Xeitura e Celtia Travel.

Con este programa, preténdese promocionar o Camiño de Santiago ao seu paso polo concello de Vilar de Barrio dun xeito diferente: neste mes de setembro, o faremos uniendo a práctica do sendeirismo coa gastronomía da zona.

Xoves, 9 de setembro: etapa do Camiño de Santiago A Alberguería – Vilar de Barrio.

  • Actividade de balde.
  • É necesaria inscrición.
  • Nº máximo: 40 persoas.
  • As reservas pecharanse o martes 7 de setembro, ás 23:59:59 h.

Máis información sobre a actividade no 635482477.

Etapa Camiño de Santiago. Para un pouco no Camiño

Percorrido de dificultade baixa entre os pobos de Alberguería (Laza) e Vilar de Barrio. Descubriremos os principais recursos patrimoniais, culturais, etnográficos presentes nese tramo do trazado da Via da Prata-Camiño do Sueste.

  • Ruta lineal de 8 km.
  • Saída de Vilar de Barrio en bus: ás 9.30 horas, na Praza do Toural (ver en Google Maps). O bus levaranos a Alberguería para o inicio da ruta.
  • Hora aproximada de chegada a Vilar de Barrio: 12.30 horas.

Avituallamento a mitade de camino.

Degustación final e cata dos diferentes produtos da zona ao chegar a Vilar de Barrio.

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Visera ou gorra.
  • Crema solar.

Medidas COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.

 

09 septiembre 2021

Lugar de encuentro

Praza do Toural (Vilar de Barrio)

42.160595,-7.610891

+ Google Map

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.