Un verán na Natureza. Actividades de turismo activo

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Un verán na Natureza. Actividades de turismo activo

31-12 julio 2021

O concello de Baños de Molgas e a Deputación de Ourense promoven Un verán na natureza: actividades de turismo activo para todo tipo de público.

Cada día estará adicado a unha actividade diferente.

  • Actividade de balde.
  • É preciso inscrición.
  • En caso de acudir menores, é necesario que veñan cun adulto responsable del.
  • Máximo de participantes por actividade: 20 persoas.
  • Máis información sobre as actividades no 635482477.

Atención! As prazas para as actividades están esgotadas. Moitas grazas polo voso interese!

  • Datas das actividades:
    • Sábado, 24 xullo – Sendeirismo.
    • Sábado, 31 xullo – Ruta en bici (nivel iniciación).
    • Sábado, 7 agosto – Xeocaching.
    • Xoves, 12 agosto – Ruta de sendeirismo e Observación do ceo nocturno.
  • Lugar de encontro: Parque de Ansuíña (en Baños de Molgas).
  • Ver lugar de encontro en Google Maps: preme aquí.

24 xullo – Sendeirismo

  • Ruta circular Baños de Molgas – Santa Eufemia de Ambía – Ponte Ambía – Baños de Molgas.
  • Saída ás 9:00 h do Parque de Ansuíña.
  • Distancia: 16,5 km.
  • Dificultade: media.
  • Con avituallamentos.

31 xullo – Ruta en bici

  • Ruta circular de 20 km.
  • Saída ás 9:00 h do Parque de Ansuíña.
  • Trátase unha ruta de iniciación á BTT. Pódense inscribir menores a partir de 10 anos acompañados por un adulto.
  • Con avituallamento.

7 agosto – Xeocaching

  • Saída ás 10:00 h do Parque de Ansuíña.
  • Actividade moi divertida para gozar en familia.
  • Atopa o tesouro nun percorrido duns 5 km polos bosques e a vila de Baños de Molgas.
  • Recomendacións: é convinte levar auga e petisco.

12 agosto – Ruta e Observación do ceo nocturno

  • Saída ás 21:30 h do Parque de Ansuíña.
  • Pequena ruta de 4 km ata a Capela de San Vitorio, en Presqueira, para a actividade de observación do ceo nocturno.
  • Volta ás 00:00 h ata o Parque de Ansuíña cunha pequena ruta de 3 km.
  • Posibilidade de asistir só á actividade de observación do ceo nocturno, sen pequena ruta. Para as persoas que acudan directamente ao punto de observación, o punto de encontro é a capela de San Vitorio (ver en Google Maps) ás 22:30 h.
  • Recomendacións: é convinte levar lanterna, roupa de abrigo e esterilla para poñer no chan.

Recomendacións

  • Levar roupa cómoda, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.

Medidas COVID-19

  • Guía e participantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
31-12 julio 2021

Datos de interés

Categorías de Evento: , ,
Máximo participantes: 20 persoas/actividade.

Precio

Actividade de balde
É necesaria inscrición.

Lugar de encuentro

Parque Ansuíña

42.24229, -7.66968

+ Google Map

Programación

  • 24 xullo - Sendeirismo
  • 31 xullo - Ruta en bici (iniciación)
  • 7 agosto - Xeocaching
  • 12 agosto - Observación ceo nocturno
  •  

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.