Os vindeiros fins de semana de maio e o primeiro de xuño, a Deputación de Pontevedra promove o programa Vive o rio Minho, que dende Celtia Travel e Xeitura temos o pracer de coordinar.

O programa Vive o rio Minho xurde pola necesidade de por en valor e dar a coñecer o territorio que abrangue o proxecto Visit Rio Minho, e o fai con actividades que combinan deporte, natureza, cultura, gastronomía, astronomía e outros valores presentes neste marabilloso territorio transfronteirizo.
Na web da Deputación de Pontevedra www.depo.gal/vive-o-rio-minho poderás atopar toda a información e as inscricións a estas actividades.
As inscricións ábrense cada luns antes da actividade.
1. Caiac e sendeirismo polo río Miño
A actividade comprende unha ruta de sendeirismo entre a desembocadura do río Tamuxe e o porto de Goián, onde tamén se visitará a súa fortaleza. Esta ruta, de 10 km e baixa dificultade, denomínase Senda dos Pescadores. Despois realizarase o tramo inverso en caiac polo río. Ambas as rutas estarán guiadas e interpretadas, e discorren por un lugar natural e cultural de gran beleza.
2. Visita a Melgaço e ao Museo Arabo + rafting no río Miño
Realizarase unha visita guiada á poboación de Melgaço e ao Solar do Alvarinho en Portugal, despois visitarase o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea (Museo Arabo), no municipio de Arbo. O xantar será libre pola zona e de tarde gozaremos dun descenso en rafting polo río Miño na zona de Arbo, dirixido pola empresa local Arrepións.
3. Sendeirismo en Monção + visita a Salvaterra de Miño e ao Museo da Ciencia do Viño
Realizarase unha ruta circular, duns 12 km e dificultade media, que discorre pola zona de Longos Vales de Monção. Ao mediodía as e os participantes poderán xantar nalgún lugar próximo, coma Monção ou Salvaterra de Miño. Pola tarde realizarase unha visita guiada a Salvaterra de Miño e ao Museo da Ciencia do Viño, cunha degustación ao final.
4. Ruta das Cetáreas na Guarda, visita a unha bodega + Santa María de Oia + observación astronómica
Realizarase unha pequena ruta desde A Guarda polo Camiño de Santiago da Costa ata unha cetárea, e ao regreso coñecerase o Museo do Mar. Despois visitarase unha bodega local na que se fará unha degustación. O xantar será libre pola zona e de tarde visitarase o mosteiro de Santa María de Oia e farase unha ruta de sendeirismo, que pasa por el. Para rematar, contemplaranseda Pedreira, onde ao solpor se gozará dunha cea tipo pícnic, proporcionada pola organización, e dunha actividade de observación astronómica.
5. Visita a Caminha e pequena ruta de sendeirismo + visita ao forte da Ínsua
Realizaranse unha visita cultural aos lugares máis emblemáticos da vila de Caminha e, a continuación, unha pequena ruta de sendeirismo na contorna da praia de Moledo. Finalmente, rematarase cunha visita ao forte da Ínsua, xusto na desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha, ao que se accederá en barca.
Más información e inscripciones
