Voluntariado ambiental – agosto

Cargando Eventos

Voluntariado ambiental – agosto

27-30 agosto 2026
Voluntariado ambiental no concello de Larouco, do 27 ao 30 de agosto e do 17 ao 20 de setembro

O concello de Larouco, co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, organiza este voluntariado ambiental para a conservación e posta en valor do medio natural desta parte do Macizo Central ourensano. Queres participar? Apúntate de balde!

Podes apuntarte ata o mércores 26 de agosto ás 12:00 h. As prazas son moi limitadas!

  • Dirixido a maiores de 18 anos residentes na comunidade de Galicia.
  • Aloxamento (no albergue O Lar de Larouco) e manutención incluídos.
  • Materiais, traslados para as actividades do campo de voluntariado e seguros de RC e accidentes incluídos.
  • O traslado desde o lugar de residencia ata Larouco corre por parte dos participantes.

Actividades do campo de voluntariado

Os participantes realizarán actividades de conservación ambiental, tales como:

  • Limpeza de lixo dos camiños da rede de sendeiros sinalizados e retirada de maleza superficial (restos de ramas e restos vexetais que dificulten o paso).
  • Elaboración e colocación de caixas-niño para favorecer a reproducción de diferentes especies de aves.
  • Elaboración de carteis para especies arbóreas representativas na zona de O Castrillón.
  • Contribución ó inventario de fauna e flora da zona, mediante observación durante as actividades.

E, ademais das actividades principais do voluntariado, realizarán outras complementarias como:

  • Dinámicas grupais.
  • Visitas culturais a lugares emblemáticos da zona: Covas de Seadur, Santuario das Ermitas…

Incorporación e despedida

O voluntariado celebrarase do xoves 27 ao domingo 30 de agosto.

Existe a opción de apuntarte en lista de agarda para asistir do venres 28 ao domingo 30 de agosto. Ao ter preferencia as persoas que acudirán desde o xoves, se te apuntas para vir o venres avisaríamoste o antes posible de se tes praza.

  • A incorporación terá lugar o xoves 27 ao longo da mañá, ata as 14:00 h.
    • Os participantes que veñan o venres 28 poderán incorporarse ao longo da tarde, ata as 21:00 h.
  • A despedida será o domingo 30 ás 16:00 h, despois do xantar.
  • As comidas do xoves e do domingo están incluídas.

Tamén existe a posibilidade de asistir ao voluntariado entre o 17 e o 20 de setembro. Podes inscribirte aquí.

Máis información no teléfono 616 667 446, ou no correo info@celtiatravel.com.

 

27-30 agosto 2026

Lugar de encuentro

Albergue O Lar

Bienvenido Arias, 7
Larouco, Ourense 32358 España

+ Google Map

Indica el número de reservas:

Xoves 27 - domingo 30 agosto. Voluntariado ambiental no concello de LaroucoGratis
Vernes 28 - domingo 30 agosto. Voluntariado ambiental no concello de Larouco. LISTA DE AGARDAGratis