Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta actividade, dividida en dúas xornadas, coñeceremos o camiño que dá nome ao programa: o Camiño de Santiago Augas Sacras.
- Etapa 1 – sábado, 8 maio: Ponte Navea – Castro Caldelas.
- Etapa 2 – sábado, 22 maio: Castro Caldelas – Doade.
Lembra que ao inscribirte, estás a facelo para as dúas etapas: 8 e 22 de maio.
Prazas esgotadas! Moitas grazas polo voso interese!
Prezo:
- 8€/pax.
- Inclúe: 2 rutas guiadas por guÃa titulado, pequeno avituallamento nelas, seguros e transporte en autobús.
Etapa 1: Ponte Navea – Castro Caldelas (8 de maio)

Programación – 1ª etapa
- 09:20 – Punto de encontro: Praza do Prado, en Castro Caldelas (ver ubicación en Google Maps).
- 09:30 – SaÃda dende Castro Caldelas en autobús cara ao inicio da ruta.
- 10:00 – Inicio de ruta en Ponte Navea.
- 15:00-16:00 – Chegada aproximada a Castro Caldelas.
Nesta primeira etapa partimos de unha das pontes máis emblemáticas e con máis encanto da provincia de Ourense: a Ponte Navea, unha zona declarada paisaxe protexida. Dende aquà ascenderemos ao alto de Cerdeira para xa entrar non Concello de Castro Caldelas, onde pasaremos polas aldeas de Vilamairo, Casfiel, Cacidrón, San Pedro e O Burgo. Antes de chegar ao núcleo de Castro Caldelas pasaremos polo Mosteiro de Camba, documentado como hospital de peregrinos e do cal queda en pé a súa monumental igrexa.

Datos técnicos – 1ª etapa
- Distancia: 18 km.
- Desnivel positivo: 550 m.
- Desnivel negativo: 400 m.
Dificultade: media. Podes ver aquà a clasificación de dificultades.
A ruta ten unha dificultade técnica baixa-media xa que discorre por camiños e pistas cun firme axeitado. A dificultade fÃsica é media, cunha distancia de 18 km e 550 m de desnivel positivo, requerindo ter unha certa condición fÃsica para afrontala.
Etapa 2: Castro Caldelas – Doade (22 de maio)

Programación – 2ª etapa
- 09:20 – Punto de encontro: Praza do Prado, en Castro Caldelas (ver ubicación en Google Maps).
- 09:30 – SaÃda dende Castro Caldelas.
- 14:30 – 15:30 – Chegada aproximada a Doade.
- 16:00 – Regreso en autobús dende Doade a Castro Caldelas.
A segunda etapa completa este itinerario cultural de Augas Sacras ao seu paso polo concello de Castro Caldelas, o cal finaliza no veciño concello de Sober. Partiremos da propia vila de Castro Caldelas, e atravesaremos zonas de incribles bosques e tamén as pendentes imposibles de viñedo que dan o nome de viticultura heroica a este arte ancestral que tan bos viños nos brinda. Nesta ruta tamén pasaremos por diferentes aldeas da zona, e cruzaremos os rÃos Edo, Sobredo e finalmente o rÃo Sil para afrontar a subida a Doade tamén entre os viñedos da zona de Amandi, en Lugo.

Datos técnicos – 2ª etapa
- Distancia: 18 km.
- Desnivel positivo: 700 m.
- Desnivel negativo: 900 m.
Dificultade: media-alta. Podes ver aquà a clasificación de dificultades.
A ruta ten unha dificultade técnica media xa que discorre por camiños e pistas cun firme axeitado. A dificultade fÃsica é media-alta, cunha distancia de 18 km e 700 m de desnivel positivo, sendo importante tamén os 900 m de desnivel negativo, requerindo ter unha certa condición fÃsica para afrontala.
Lembra que ao inscribirte, estás a facelo para as dúas etapas: 8 e 22 de maio.
Recomendacións
- Levar roupa e calzados adecuados para camiñar, asà como roupa de choiva se as condicións meteorolóxicas asà o esixen.
- Levar algo de comida e bebida para as rutas aÃnda que a organización proporcione un pequeno avituallamento. A hora estimada de chegada a Castro Caldelas será de 15 a 16 horas.
Medidas anti COVID-19
- GuÃa e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.
