Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta ocasión a actividade é unha visita teatralizada ás rúas e ao castelo de Castro Caldelas, desenvolvida no solpor e de noite e rematada por un petisco.
- Quedamos en: Praza do Prado (xunto á banderola de Un castelo no camiño).
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 21.00 horas (prégase estar ao menos 10 minutos antes do comezo da representación).
- Hora aprox. de finalización: 23.30 horas.
Prezo da actividade:
- 5€/pax.
- Inclúe: visita teatralizada ao castelo de Castro Caldelas, entrada ao castelo, petisco final, seguros RC e accidentes e IVE.
Esgotadas as prazas para a sesión do 7 de agosto! Xa están abertas as entradas para o 14 de agosto. Preme aquÃ!
Sinopse
Con motivo do remate das obras de reconstrución do castelo tras as guerras irmandiñas, e despois dun longo litixio por mor dos moitos abusos ao que o pobo foi sometido na mesma, a Condesa Dona Beatriz, Señora de Castro Caldelas, pretende restablecer a paz cos seu vasalos. Para iso convÃdaos a un banquete. Se conseguirán amigar? Achégate a comprobalo nunha noite única!
Ao rematar a representación, agasallaremos aos asistentes cun petisco no castelo.
Recomendacións
Aconséllase que os asistentes vaian provisto de roupa de abrigo, pois a noite é fresca en Castro Caldelas e a visita desenvolverase no exterior.
Medidas anti COVID-19
- GuÃa e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.
- Seguiranse as recomendacións e indicacións que se dean por parte da organización.