Un camiño asolagado. Observación ceo nocturno – 11 agosto

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Un camiño asolagado. Observación ceo nocturno – 11 agosto

11 agosto 2021

Entre os meses de xullo e setembro de 2021 o concello de Vilar de Barrio promove Un camiño asolagado, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia que coordinamos dende Xeitura e Celtia Travel.

A actividade consistirá nun pequeno petisco, e camiñada duns 2,5 km ata o lugar de observación. Despois da actividade de observación do ceo nocturno, prevista ás 24:00 h (aproximadamente), volveremos a Bóveda tamén camiñando.

  • Observación ceo nocturno en Bóveda – 11 agosto, ás 21:00 h.
  • Quedamos en: Bar A Chaira, de Bóveda (Vilar de Barrio).
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 21.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 24.30 horas (aproximadamente).
  • Actividade de balde.
  • Necesaria inscrición nesta web.
  • Prazas limitadas! Quedan 0 prazas.

Queres volver á páxina principal de Un camiño asolagado, con todas as datas das actividades? Preme aquí.

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado cómodos e abrigados, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Levar esterilla ou similar para sentarse no chan, e manta ou saco de durmir como abrigo.
  • Lanterna.

Medidas COVID-19

  • Guías e participantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.

 

 

11 agosto 2021

Lugar de encuentro

Bar A Chaira

42.162723,-7.636753

+ Google Map

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.