Un camiño asolagado

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Un camiño asolagado

09-12 septiembre 2021

Entre os meses de xullo e setembro de 2021 o concello de Vilar de Barrio promove Un camiño asolagado, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia que coordinamos dende Xeitura e Celtia Travel.

Con este programa, preténdese promocionar o Camiño de Santiago ao seu paso polo concello de Vilar de Barrio dun xeito diferente: no mes de xullo buscamos a memoria do camiño con faladoiros co pobo, no mes de agosto relacionaremos o Camiño coas estrelas e no mes de setembro uniremos sendeirismo coa gastronomía da zona.

Sendeirismo e gastronomía

En setembro o programa de Un camiño asolagado une o Camiño de Santiago coa gastronomía propia de Vilar de Barrio.

XOVES, 9 SETEMBRO.

  • Etapa do Camiño de Santiago A Alberguería – Vilar de Barrio. Con degustación de produtos da zona.

DOMINGO, 12 SETEMBRO.

  • Paraíso micológico. Roteiro micolóxico no Camiño de Santiago para coñecer e degustar os cogomelos de tempada.

Observacións do ceo nocturno

En agosto achegamos con estas actividades ao público unha parte do patrimonio natural e cultural que, ata non hai moitos anos, era vital para os nosos antepasados: o ceo nocturno, que axudaba aos peregrinos a guiarse na antigüidade.

A actividade comezou ás 21:00 h cun petisco en Bóveda (Vilar de Barrio), camiñada de 2,5 km ata o lugar de observación, e volta ás 24:00 h (aproximadamente) a Bóveda noutra camiñada de 2,5 km.

  • Quedamos en: Bar A Chaira, de Bóveda (Vilar de Barrio).
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 21.00 horas.
  • Hora aprox. de finalización: 24.00 horas (aproximadamente).
  • Actividade apta para todos os públicos. Idade mínima 6 anos, acompañados por un adulto.

Faladoiros

Ademais, ao longo do mes de xullo de 2021 desenvolvimos cinco faladoiros en Bóveda, Vilar de Barrio, Vilar de Gomareite, Penouzos e Seiró. Neles tivemos a ilusión de falar cos veciños das súas vivencias e as súas lembranzas e tradicións relacionadas co Camiño de Santiago ao seu paso polas súas parroquias. Recollimos así unha documentación vital para coñecer e estudar a importancia no tempo do Camiño de Santiago nestes lugares.

 

09-12 septiembre 2021

Datos de interés

Categorías de Evento: , ,
Prazas limitadas.
Necesaria inscrición.

Precio

De balde.

Lugar de encuentro

Praza do Toural (Vilar de Barrio)

42.160595,-7.610891

+ Google Map

Programación

  • Mes de xullo - Faladoiros.
  • 9/08 - Observación de ceo nocturno en Bóveda.
  • 11/08 - Observación de ceo nocturno en Bóveda.
  • 9/09 - Etapa de Camiño de Santiago e exaltación de produtos locais.
  • 12/09 - Paraíso micolóxico - Roteiro e degustación.
  •