Camiño de Santiago Augas Sacras (2 etapas)

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Camiño de Santiago Augas Sacras (2 etapas)

8 e 22 maio 2021

Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta actividade, dividida en dúas xornadas, coñeceremos o camiño que dá nome ao programa: o Camiño de Santiago Augas Sacras.

  • Etapa 1 – sábado, 8 maio: Ponte Navea – Castro Caldelas.
  • Etapa 2 – sábado, 22 maio: Castro Caldelas – Doade.

Lembra que ao inscribirte, estás a facelo para as dúas etapas: 8 e 22 de maio.

Prazas esgotadas! Moitas grazas polo voso interese!

Prezo:

  • 8€/pax.
  • Inclúe: 2 rutas guiadas por guía titulado, pequeno avituallamento nelas, seguros e transporte en autobús.

Etapa 1: Ponte Navea – Castro Caldelas (8 de maio)

A contorna da histórica Ponte Navea é espectacular. Imaxe de Manuel Rolán Díaz.

Programación – 1ª etapa

  • 09:20 – Punto de encontro: Praza do Prado, en Castro Caldelas (ver ubicación en Google Maps).
  • 09:30 – Saída dende Castro Caldelas en autobús cara ao inicio da ruta.
  • 10:00 – Inicio de ruta en Ponte Navea.
  • 15:00-16:00 – Chegada aproximada a Castro Caldelas.

Nesta primeira etapa partimos de unha das pontes máis emblemáticas e con máis encanto da provincia de Ourense: a Ponte Navea, unha zona declarada paisaxe protexida. Dende aquí ascenderemos ao alto de Cerdeira para xa entrar non Concello de Castro Caldelas, onde pasaremos polas aldeas de Vilamairo, Casfiel, Cacidrón, San Pedro e O Burgo. Antes de chegar ao núcleo de Castro Caldelas pasaremos polo Mosteiro de Camba, documentado como hospital de peregrinos e do cal queda en pé a súa monumental igrexa.

Fermosa igrexa de San Xoan de Camba. O antigo mosteiro foi hospital de peregrinos. Imaxe de Manuel Rolán Díaz.

Datos técnicos – 1ª etapa

  • Distancia: 18 km.
  • Desnivel positivo: 550 m.
  • Desnivel negativo: 400 m.
  • Dificultade: media. Podes ver aquí a clasificación de dificultades.

A ruta ten unha dificultade técnica baixa-media xa que discorre por camiños e pistas cun firme axeitado. A dificultade física é media, cunha distancia de 18 km e 550 m de desnivel positivo, requerindo ter unha certa condición física para afrontala.

Etapa 2: Castro Caldelas – Doade (22 de maio)

Embarcadoiros da Abeleda e de Doade no Canón do Sil, dende as Penas de Matacás.

Programación – 2ª etapa

  • 09:20 – Punto de encontro: Praza do Prado, en Castro Caldelas (ver ubicación en Google Maps).
  • 09:30 – Saída dende Castro Caldelas.
  • 14:30 – 15:30 – Chegada aproximada a Doade.
  • 16:00 – Regreso en autobús dende Doade a Castro Caldelas.

A segunda etapa completa este itinerario cultural de Augas Sacras ao seu paso polo concello de Castro Caldelas, o cal finaliza no veciño concello de Sober. Partiremos da propia vila de Castro Caldelas, e atravesaremos zonas de incribles bosques e tamén as pendentes imposibles de viñedo que dan o nome de viticultura heroica a este arte ancestral que tan bos viños nos brinda. Nesta ruta tamén pasaremos por diferentes aldeas da zona, e cruzaremos os ríos Edo, Sobredo e finalmente o río Sil para afrontar a subida a Doade tamén entre os viñedos da zona de Amandi, en Lugo.

Viñedos e bosques na contorna do río Edo, en Celeirón. Imaxe de Manuel Rolán Díaz.

Datos técnicos – 2ª etapa

  • Distancia: 18 km.
  • Desnivel positivo: 700 m.
  • Desnivel negativo: 900 m.
  • Dificultade: media-alta. Podes ver aquí a clasificación de dificultades.

A ruta ten unha dificultade técnica media xa que discorre por camiños e pistas cun firme axeitado. A dificultade física é media-alta, cunha distancia de 18 km e 700 m de desnivel positivo, sendo importante tamén os 900 m de desnivel negativo, requerindo ter unha certa condición física para afrontala.

Lembra que ao inscribirte, estás a facelo para as dúas etapas: 8 e 22 de maio.

Recomendacións

  • Levar roupa e calzados adecuados para camiñar, así como roupa de choiva se as condicións meteorolóxicas así o esixen.
  • Levar algo de comida e bebida para as rutas aínda que a organización proporcione un pequeno avituallamento. A hora estimada de chegada a Castro Caldelas será de 15 a 16 horas.

Medidas anti COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
8 e 22 maio 2021

Datos de interés

Categorías de Evento:
Máximo participantes: 16pax.

Precio

8€/pax
Inclúe: ruta guiada por guía titulado, pequeno avituallamento, seguros e transporte en autobús.

Programación

  • Etapa 1 - sábado 8 maio
  • 09:20 - Punto de encontro na Praza do Prado, en Castro Caldelas.
  • 09:30 - Saída dende Castro Caldelas en autobús cara ao inicio da ruta.
  • 10:00 - Inicio de ruta en Ponte Navea.
  • 15:00-16:00 - Chegada aproximada a Castro Caldelas.
  • Etapa 2 - sábado 22 maio
  • 09:20 - Punto de encontro na Praza do Prado, en Castro Caldelas.
  • 09:30 - Saída dende Castro Caldelas en autobús cara ao inicio da ruta.
  • 14:30 - 15:30 - Chegada aproximada a Doade.
  • 16:00 - Regreso en autobús dende Doade a Castro Caldelas.
  •  

Recomendacións:

- Levar roupa e calzados adecuados para camiñar, así como roupa de choiva se as condicións meteorolóxicas así o esixen.

- Levar algo de comida e bebida para as rutas, aínda que a organización proporcione un pequeno avituallamento. A hora estimada de chegada a Castro Caldelas será de 15 a 16 horas.

Indica el número de reservas:

Las entradas no están a la venta, puesto que este evento ha pasado.