Entre os meses de abril e setembro de 2021 o concello de Castro Caldelas promove Un castelo no Camiño Augas Sacras, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e que dende Celtia Travel e Xeitura temos o pracer de coordinar.
Con este programa, Castro Caldelas quere situar no seu castelo o eixo dinamizador da actividade cultural da Ribeira Sacra na primavera e verán de 2021. Para iso preparamos visitas teatralizadas, espectáculos, exposicións e actividades deportivas coas que poñer en valor o patrimonio cultural, natural e gastronómico desta zona da Ribeira Sacra.
O fin último do proxecto é a difusión do Camiño Augas Sacras, vÃa de peregrinación entre os concellos de Sober, Larouco, A Teixeira, PetÃn, Trives, Monforte, Castro Caldelas e San Xoán de RÃo, segundo corroboran os documentos recentemente achados que sitúan ao Mosteiro de Camba como albergue de peregrinos.
As inscricións abriranse periódicamente antes de cada actividade. Informamos nesta web e no noso Facebook.
1. Presentación do programa en Castro Caldelas
A presentación do programa de Un castelo no Camiño Augas Sacras, na que se incluÃu un acto dramatizado, foi a cargo da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, xunto coa Directora de Turismo da Xunta de Galicia, Mª Nava Castro, e os rexedores dos municipios polos que discorre o Camiño de Santiago Augas Sacras.
Trala presentación do programa por parte das autoridades implicadas, a inauguración das actividades continuaron no castelo co espectáculo teatral Suaren Bataila, que combina diferentes técnicas de lume, interpretación, danza e aéreos.
2. Actividade de exaltación de produtos locais: cogumelos e queixo
Nesta actividade unha camiñada de 4 km nos arredores de Castro Caldelas levaranos na procura de especies micolóxicas primaverais. Pola tarde, a visita a unha queixerÃa la zona permitiranos coñecer o proceso de creación dos seus queixos. Ambas actividades inclúen petiscos relacionados con estes produtos.
3. Roteiro Camiño Augas Sacras
Daremos a coñecer parte do Camiño de Santiago Augas Sacras co tramo da ruta entre Ponte Navea e Castro Caldelas.
Continuaremos co Camiño de Santiago Augas Sacras entre Castro Caldelas e Doade.
4. Exposición no castelo de Castro Caldelas
O 14 de maio inaugurarase unha exposición fixa sobre o Camiño de Santiago Augas Sacras no museo do castelo de Castro Caldelas. Podedes visitala dende entón ata finais do programa Un castelo no Camiño Augas Sacras. Non vola perdades!
O mesmo dÃa terá lugar unha actividade xuvenil sobre o xogo do peregrino de Castro Caldelas, na que participará o colexio do municipio.
5. Actividade de exaltación de produtos locais: bica e mel
6. Roteiro de Camba e xogo do Peregrino
Tres datas para gozar dunha ruta ao redor do Mosteiro de San Xoan de Camba, icona do Camiño de Santiago Augas Sacras, e dos xogos de busca no castelo e na vila de Castro Caldelas. Unha actividade perfecta para realizar en familia.
7. Visita teatralizada ao castelo de Castro Caldelas
Tes catro ocasións de coñecer a grande fortaleza da Ribeira Sacra neste verán, e ademais de facelo dunha forma diferente. Anota as datas, e non cha perdas!
8. O Camiño de Santiago e as estrelas
Unha chea de actividades no dÃa grande de Un castelo no Camiño Augas Sacras. Comezaremos co Roteiro de Camba, seguiremos cunha visita teatralizada ao castelo e remataremos cun visionado de estrelas.