Visita teatralizada ao castelo de Castro Caldelas

Cargando Eventos

Visita teatralizada ao castelo de Castro Caldelas

07 agosto 2021

Un castelo no Camiño Augas Sacras é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. Nesta ocasión a actividade é unha visita teatralizada ás rúas e ao castelo de Castro Caldelas, desenvolvida no solpor e de noite e rematada por un petisco.

  • Quedamos en: Praza do Prado (xunto á banderola de Un castelo no camiño).
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 21.00 horas (prégase estar ao menos 10 minutos antes do comezo da representación).
  • Hora aprox. de finalización: 23.30 horas.

Prezo da actividade:

  • 5€/pax.
  • Inclúe: visita teatralizada ao castelo de Castro Caldelas, entrada ao castelo, petisco final, seguros RC e accidentes e IVE.

Ábrense as inscricións para a sesión do 7 de agosto! Quedan 13 prazas.

Pronto abriranse as entradas para o 14 de agosto.

Sinopse

Con motivo do remate das obras de reconstrución do castelo tras as guerras irmandiñas, e despois dun longo litixio por mor dos moitos abusos ao que o pobo foi sometido na mesma, a Condesa Dona Beatriz, Señora de Castro Caldelas, pretende restablecer a paz cos seu vasalos. Para iso convídaos a un banquete. Se conseguirán amigar? Achégate a comprobalo nunha noite única!

Ao rematar a representación, agasallaremos aos asistentes cun petisco no castelo.

A Condesa de Castro Caldelas dispoñe o porvir do pobo dende o castelo

Recomendacións

Aconséllase que os asistentes vaian provisto de roupa de abrigo, pois a noite é fresca en Castro Caldelas e a visita desenvolverase no exterior.

Medidas anti COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
  • Seguiranse as recomendacións e indicacións que se dean por parte da organización.
07 agosto 2021

Datos de interés

Categorías de Evento: ,
Máximo participantes: 20pax.
Recoméndase levar roupa de abrigo.

Precio

5€/pax.
Inclúe: visita teatralizada ao castelo de Castro Caldelas, entrada ao castelo, petisco final, seguros RC e accidentes e IVE.

Lugar de encuentro

Praza do Prado (Castro Caldelas)

42.37486, -7.41547

+ Google Map

Indica el número de reservas:

7 agosto. Visita teatralizada ao castelo de Castro Caldelas.5,00