Actividade patrocinada polo BenComún.
Estas actividades están patrocinadas por Espazo BenComún e Amigos do BenComún de Allariz.
- 19 setembro: en Allariz e outras localizaciones.
- Da Arte Prerrománica á Románica (público adulto) – reserva aquí esta actividade.
- Romaniqueando (público familiar) – reserva aquí esta actividade.
- 17 outubro: en San Salvador dos Penedos (Allariz).
- Ruta San Salvador dos Penedos na Zona Núcleo da Reserva da Biosfera (público adulto) – reserva aquí esta actividade.
- Asalto ao Castelo de Todea (público familiar) – reserva aquí esta actividade.
- 21 novembro: na Reserva da Biosfera Área de Allariz.
- Ruta da Padela-Petróglifos de Cerdeira-Ecoespazo O Rexo (público adulto) – reserva aquí esta actividade.
- Ruta infantil/familiar de O Bosque Máxico de O Rexo – reserva aquí esta actividade.
Da Arte Prerrománica ao Románica: unha visita guiada a Santa Eufemia de Ambía (Baños de Molgas), pasando por Santa María La Real de Xunqueira de Ambía e as igrexas de Allariz.
- Punto de encontro: Oficina Xeitura 2º Edificio Festival Internacional de Xardíns de Allariz.
- Ver punto de encontro no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de inicio: 9.30 horas.
- Hora fin: 13.00 horas (aprox.)
Prezo da actividade:
- Adultos e menores a partir de 13 anos: 12€/pax.
- Menores de 12 anos: gratuito.
- Inclúe: visita por Guía Oficial de Turismo, degustación, descontos, agasallo inicial, SegurosR.C. e IVE.
Máis información sobre a actividade en turismo@xeitura.com / Teléfono 988 44 08 31 (extensión 1).
Descrición da visita

A través deste itinerario cultural descubrimos varios enclaves senlleiros dentro da comarca Allariz-Maceda como son a igrexa perrománica do século IX de Santa Eufemia de Ambía, A Colexiata de orixe románica de Xunqueira de Ambía e as igrexas de Allariz con entrada incluída ao templo que dá orixe a vila e corte Románica e finalizamos cunha degustación dos produtos de carne de boi de Casa Pepiña.

Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados para a realización da actividade.
Medidas COVID-19
- Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.
Esta actividade está patrocinada por Espazo BenComún e Amigos do BenComún.

