Actividade patrocinada polo BenComún.
Estas actividades están patrocinadas por Espazo BenComún e Amigos do BenComún de Allariz.
- 19 setembro: en Allariz e outras localizaciones.
- Da Arte Prerrománica á Románica (público adulto) – reserva aquí esta actividade.
- Romaniqueando (público familiar) – reserva aquí esta actividade.
- 17 outubro: en San Salvador dos Penedos (Allariz).
- Ruta San Salvador dos Penedos na Zona Núcleo da Reserva da Biosfera (público adulto) – reserva aquí esta actividade.
- Asalto ao Castelo de Todea (público familiar) – reserva aquí esta actividade.
- 21 novembro: na Reserva da Biosfera Área de Allariz.
- Ruta da Padela-Petróglifos de Cerdeira-Ecoespazo O Rexo (público adulto) – reserva aquí esta actividade.
- Ruta infantil/familiar de O Bosque Máxico de O Rexo – reserva aquí esta actividade.
Romaniqueando: un paseo familiar en Allariz, e obradoiro infantil.
- Punto de encontro: Oficina Xeitura 2º Edificio Festival Internacional de Xardíns de Allariz.
- Ver punto de encontro no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de inicio: 11.00 horas.
- Hora fin: 13.00 horas (aprox.)
- Idades recomendadas: 4 a 12 anos. Os nenos deben ir acompañados dun adulto responsable (un adulto pode acompañar e facerse responsable de varios nenos).
Prezo da actividade:
- Adultos: 12€/pax.
- Menores: 8€/pax.
- Inclúe: Seguros R.C., Educad@r Patrimonial, agasallo inicial, ofertas, descontos e IVE.
Máis información sobre a actividade en turismo@xeitura.com / Teléfono 988 44 08 31 (extensión 1).
Descrición da visita
A través dun divertido paseo por lugares singulares e de alto valor patrimonial de Allariz rematamos cun obradoiro para debuxar o noso “canzorro” particular, non sen antes facer parada para degustar os deliciosos amendoados de Allariz na confitería Fina Rei.

Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados para a realización da actividade.
Medidas COVID-19
- Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
- Obrigatorio o uso de máscara.
Esta actividade está patrocinada por Espazo BenComún e Amigos do BenComún.

