Faise camiño ao andar

Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Faise camiño ao andar

18-15 julio 2021
Reserva De balde

Dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o concello de Laza promove o proxecto Faise camiño ao andar, co que se pretende amosar mediante visitas guiadas, visitas dramatizadas e camiñadas a grande riqueza monumental, paisaxística e etnográfica de Laza asociada ao Camiño de Santiago.

  • Actividades de balde.
  • É necesaria inscrición.

Máis información sobre as actividades no 609474976.

VISITAS GUIADAS ao casco histórico de Laza

Promoven o coñecemento do patrimonio cultural, material artístico e inmaterial do concello.

Todas as visitas guiadas comezan ás 20:00 horas na Praza da Picota, e teñen unha duración aproximada de 75 minutos. Estas son as súas datas:

  • Mes de xullo:
    • Venres, 16 – Sábado, 17 – Venres, 23 – Venres, 30.
  • Mes de agosto:
    • Venres, 6 – Venres, 13 – Sábado, 14 – Venres, 20 – Domingo, 29.
  • Mes de setembro:
    • Venres, 3 – Sábado, 4 – Sábado, 11 – Venres, 17 – Sábado, 18 – Venres, 24.

VISITAS DRAMATIZADAS ao casco histórico de Laza

Buscan a difusión do patrimonio do concello dun xeito diferente, poñéndose na pel de personaxes da historia recente do concello.

Todas as visitas dramatizadas comezan ás 11:00 horas na Praza da Picota, e teñen unha duración aproximada de 75 minutos. Estas son as súas datas:

  • Mes de xullo:
    • Domingo, 18.
  • Mes de agosto:
    • Domingo, 8 – Domingo, 29.
  • Mes de setembro:
    • Domingo, 5.

CAMIÑADAS polo Camiño de Santiago do concello de Laza

Percorridos por tres etapas do Camiño de Santiago no concello.

Estas son as súas datas:

  • 1ª etapa: Campobecerros – Laza (15 km).
    • Domingo, 29 agosto.
  • 2ª etapa: Verín – Laza (20 km).

    • Domingo, 5 setembro.
  • 3ª etapa: Laza – Vilar de Barrio (19 km).

    • Domingo, 19 setembro.

Recomendacións

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.

Medidas COVID-19

  • Guía e visitantes respectarán as distancias de seguridade e as pautas dispostas polos organismos oficiais.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
18-15 julio 2021
Reserva De balde